luns, 28 de abril de 2014

Domingo de narcos (II)

Son as 25.59
Dun domingo repetido
Dun día de máis
Dunha vida calquera.
Non teño porros
Nin ollos,

Pero téñote a ti
Por todas partes que miro
Perdida entre tanto fume.




Domingo de narcos

Quédame algunha canción
pendurando na túa pálpebra,
sospeitando que non olla nin sequera
a miña voz xemir,



canda ti perdida.