luns, 9 de decembro de 2013

24 horas longas


Os meus días duran
O que dura un desamor a domicilio
Cun remite equivocado,
que é o tempo do chover
Dende que é chorado
Ata eu me decatar
De que antonte tamén chovía,
E que dende onte hai nubeiros
por todas partes que miro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario