mércores, 4 de decembro de 2013

Dureza substantiva

Meu pai díxome de neno
que os homes somos rochas
e as mulleres son area.
Cando meu pai se fixo area
miña nai era un deserto
e eu, como intento de rocha
collía area e deixábaa
esvarar polos meus dedos.
Agora que son pedra
vexo as rochas sobre a area
erosionándose paseniño.

"Xa nos espiremos", pensarán algunhas rochas.
Pensarán as rochas?

-Xa están espidas.
Penso eu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario