Creo nas pantasmas
terribles
dalgún estraño lugar
que unha vez vistas
van por ti polos recantos da rúa
a cada xeito inconsciente
do resto
e como andan como falan como viven
coa palabra ceibe na boca
son escravos dos seus petos
os devotos crentes
das lavadoras,
de palabras complicadas
para as súas opinións enmudecidas
e a miña lingua no lixo
e os meus dereitos tan caros
e o meu corpo arrendado
e a dignidade mentira
e escravas dos escravos que escravizan
e das palabras que existen
entre po e papeis de imprenta
e así e todo
fendas escuras nas esperanzas
e os corazóns arrefriando por non saber
abrigarse ben
coas palabras máis manchadas
da cor do sangue
co sabor acedo da verdade lóxica
que afasta irremediablemente
das sombras das paredes
das cavernas celarias
da sociedade enferma
de si mesma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario