domingo, 16 de marzo de 2014

Señor das moscas

Do meu portal en diante
Hai pendurado un espello
Pra me peitear a vergonza
Polas mañás

Antes de alimentar ás moscas
Rosmando unha definición do mundo
Despois do milagre
Das sabas de gravidade
Do corpo de inercia,

Vénme o mundo polas costas saudarme
Vou foderte polas boas
Porque polas malas impórtasme
Máis ben merda
Máis ben nada,

Devólvolle o saúdo
E dígolle

Tan poucas balas
Pra tantos xeonllos

Corazón enxoito e malfalado
Quen te quere máis que o nada
Máis que nada
Por seres nada

   Algo 
ben aburrido

Tan redundante
                      mente

Repetido,
Unha máis de tantas
           Perdido

Sen que ninguén se decate
Pra que a dor cumpra o seu labor
E a Ninguén se lle ocorra

Que existes pra algo

 máis que nada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario